Xornada " A Oficina e a Administración sen papeis"
Conscientes da evolución tecnolóxica nas relacións entre empresas, entidades financeiras e coas administracións públicas, AGESTIC, coa colaboración da Xunta de Galicia (Consellería de Facenda), a través do CIXTEC, da AXENCIA TRIBUTARIA, de CAIXA GALICIA e das consultoras TRADISE e AYSE LUCUS, organizou esta xornada na que se tratará de Dixitalización Certificada/Xestión Documental/e-factura/Notificación Certificada/Firma e DNI electrónico, con intervención de destacados relatores das entidades e empresas colaboradoras.
A Xunta aprobará a Axenda Dixital de Galicia que define as políticas tecnolóxicas en converxencia coa estratexia europea
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recibiu ontes aos representantes do Clúster TIC, aos que informou da aprobación no próximo Consello do Goberno galego da 2014 Axenda Dixital de Galicia. Trátase do instrumento que establece o xeito no que as políticas tecnolóxicas respaldan e reforzan os eixos de actuación do Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 e co que a Administración autonómica afronta o reto da converxencia co novo mercado dixital.
Máis artigos...
Páxina 10 de 171



