A firma galega Inova pon en marcha unha editorial especializada en innovación para as empresas
A consultora tecnolóxica galega Inova vén de anunciar a posta en marcha dun novo servizo editorial especializado na achega de libros sobre metodoloxías para optimizar, pola vía da innovación e o dixital, o rendemento dunha empresa. O novo selo Innovation Books (así se fai chamar), centrarase en pór no mercado obras especializadas na dita temática, escritas en castelán e previamente recoñecidas no eido internacional polos seus valores e utilidade. A editorial, que foi presentada no transcurso dunha xornada sobre I+D convocada en Compostela por APD, xorde co obxectivo de “fomentar a cultura innovadora e compartir o coñecemento relacionado coa investigación e o desenvolvemento”.
A perspectiva socioeconómica de Lugo en Cifras 2009
Como é tradición dende o 2005, sae á luz un novo volume da colección de anuarios “Lugo en cifras”, o correspondente ao 2009, que nos dá uns indicadores socioeconómicos e demográficos que reflicten os efectos da crise pero que tamén permiten albiscar un horizonte esperanzador. Os resultados desta quinta edición da publicación e a súa comparativa cos datos do 2010 dispoñibles a día de hoxe e actualizados na súa web www.lugoencifras.es foron presentados publicamente polo director comercial de Caixanova en Galicia, Gabriel González Eiroa, e polo presidente da Fundación CEL, Luis García Santalla.
Ler máis. A perspectiva socioeconómica de Lugo en Cifras 2009
Máis artigos...
Páxina 8 de 171



