Aberta a inscrición á primeira xornada do Proxecto EmprendeTIC 2010
A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial da Fundación CEL (SITE) deseñou un programa formativo e demostrativo especializado en novas tecnoloxías para emprendedores e empresarios, o Proxecto EmprendeTIC 2010, que é unha continuación do EmprendeTIC 2009 e que se estreará este xoves 24 coa xornada “Tecnoloxía: Ferramenta para a integración”, coorganizada con Cogami. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata a tarde do día 23.
Ler máis. Aberta a inscrición á primeira xornada do Proxecto EmprendeTIC 2010
A Universidade de Vigo lanza un grao pioneiro no campo das TIC
“Dar resposta ás necesidades organizativas máis inmediatas dos axentes empresariais e do tecido económico da provincia de Pontevedra” é o principal obxectivo que o equipo decanal da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo se marcou na súa aposta pola implantación no centro dun novo grao en Consultoría e Xestión da Información, un título que só a Universidade Autónoma de Barcelona posúe actualmente e que en breve poderán disfrutar os alumnos e alumnas da Universidade de Vigo.
Ler máis. A Universidade de Vigo lanza un grao pioneiro no campo das TIC
Máis artigos...
Páxina 7 de 171



