Imprimir

 

A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial (SITE) é un innovador servizo creado pola Fundación CEL-Iniciativas por Lugo co obxectivo de fomentar entre o empresariado lucense a aplicación das novas tecnoloxías da información e a comunicación.
 
Dende a súa posta en marcha, no ano 2005, a SITE fai promoción entre os emprendedores e os empresarios da provincia dunha cultura de innovación tecnolóxica axeitada ao desenvolvemento das actividades que realizan, asesorando a pemes e empresas en materia TIC, tomando como referencia a súa realidade empresarial e propoñendo solucións concretas, axustadas a cada unha.