Saen as axudas ás Iniciativas Empresariais de Base Tecnolóxica (IEBT)

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
A Consellería de Traballo e Benestar publica no DOG do 4 de maio as bases reguladoras dos incentivos ás empresas cualificadas como Iniciativas Empresariais de Base Tecnolóxica (IEBT), coas que financiará parcialmente os custos iniciais necesarios para a súa posta en marcha. Convócanse cinco modalidades de axuda: subvención á creación directa de emprego estable, subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación, apoio á función gerencial, subvención financeira e axuda para o inicio da actividade. O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 30 de xuño.

 

 

José Manuel Alarcón protagonizará o vindeiro Iniciador Galicia

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 

O vindeiro 6 de maio ás 19:20 horas terá lugar no ITE Caixa Galicia de A Coruña unha nova edición do encontro de emprendedores Iniciador Galicia, que nesta ocasión vai contar coma convidado con José Manuel Alarcón, da empresa galega Krasis, quen compartirá cos asistentes a súa historia profesional e, especialmente, a aventura que levou á creación da súa ferramenta de e-mail marketing coñecida coma MAILCast.

Ler máis. José Manuel Alarcón protagonizará o vindeiro Iniciador Galicia

 

Unha discográfica dixital lucense

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e



Detrás de Tullido Records, un selo discográfico dixital de recente creación que está chamado a ocupar un importante lugar no panorama musical mundial, está o lucense Arturo Vaqueiro, os vilalbés Marcos Peón e Frisco Taibo. A finalidade desta nova discográfica é promocionar e vender a través dos principais portais electrónicos de Internet tanto as creacións propias deste tres compositores e pinchadiscos, como novas producións e colaboracións con pinchadiscos internacionais. Para facilitarlles as cousas aos músicos do outro lado do charco, este selo vai contar cunha delegación propia en Suíza, desde a que tentarán captar a artistas centroeuropeos.

Ler máis. Unha discográfica dixital lucense

   

A Xunta aproba os primeiros 5,7 millóns para a banda larga en Lugo

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 

O Goberno galego aprobou un convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Axencia Galega de Desenvolvemento (Agader) para a extensión de redes fixas e sen fíos de conexión a internet en 22 concellos da Ribeira Sacra, A Ulloa, Sarria e comarca de Lugo, así como seis na provincia de Ourense.

Ler máis. A Xunta aproba os primeiros 5,7 millóns para a banda larga en Lugo

 

Industria destina outro millón de euros para proxectos TIC relacionados co Xacobeo 2010

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
A estas alturas do ano, seguro que son poucas as persoas que non saben que se está a celebrar o Ano Santo 2010 no noso país, e que esa chegada masiva de peregrinos á nosa capital é debida á decisión de moitos turistas a cruzar a porta santa antes de que volva a pechar por uns once anos máis. O que non se sabe tan ben é que a Xunta de Galicia, a través da Consellaría de Economía e Industria, está a subvencionar a creación de proxectos empresariais innovadores relacionados coas TIC que axuden a promocionar o Camiño e que, de paso, entre outras cousas, colaboren na dixitalización das ferramentas empregadas para guiar aos visitantes no seu periplo ata Compostela.

Ler máis. Industria destina outro millón de euros para proxectos TIC relacionados co Xacobeo 2010

   

Páxina 10 de 71