A carteira é o móbil

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
O auxe dos 'smartphones' abre novas opcións de pago a través do móbil

En metálico ou con móbil? Esta pregunta xa se oe nalgunhas tendas e cafeterías dos Estados Unidos á hora de pagar. En India e África as transaccións por SMS fan furor. E nalgúns lugares de Europa, como Sitges (Barcelona) e Niza (Francia), próbase como converter os móbiles en carteiras equipándoos con tecnoloxía NFC (comunicación de curto alcance).

Ler máis. A carteira é o móbil

 

Awardesings.com: plataforma galega para pór o mellor deseño gráfico ao alcance de tódalas empresas

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 

A nosa terra segue a envorcarse a si mesma na Rede na procura de novos eidos de actividade e de comunicación distintos ou complementarios aos tradicionais. De procurar xustamente isto, novas voces e xeitos máis universais de dialogar e crear, é do que semella tratar Awardesings.com, unha canle para a promoción da creatividade gráfica que, segundo nos contan os responsables da súa posta en marcha, busca situar o máis preto posible a deseñadores e clientes.

Ler máis. Awardesings.com: plataforma galega para pór o mellor deseño gráfico ao alcance de tódalas empresas

 

Tormenta de ideas TIC para a accesibilidade

A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial da Fundación CEL (SITE) abriu a programación do Proxecto EmprendeTIC 2010 coa celebración en Lugo da xornada “Tecnoloxía: Ferramenta para a integración”, coorganizada con Cogami. Con sete relatorios e coas demostracións prácticas de equipos adaptados, os máis de cen asistentes puideron tomar nota de produtos e servizos tecnolóxicos que permiten que as persoas con discapacidade dispoñan dunha maior accesibilidade na empresa e no fogar e tamén para disfrutar do lecer.

 

Ler máis. Tormenta de ideas TIC para a accesibilidade

   

Aberta a inscrición á primeira xornada do Proxecto EmprendeTIC 2010

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial da Fundación CEL (SITE) deseñou un programa formativo e demostrativo especializado en novas tecnoloxías para emprendedores e empresarios, o Proxecto EmprendeTIC 2010, que é unha continuación do EmprendeTIC 2009 e que se estreará este xoves 24 coa xornada “Tecnoloxía: Ferramenta para a integración”, coorganizada con Cogami. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata a tarde do día 23.

Ler máis. Aberta a inscrición á primeira xornada do Proxecto EmprendeTIC 2010

 

A Universidade de Vigo lanza un grao pioneiro no campo das TIC

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
“Dar resposta ás necesidades organizativas máis inmediatas dos axentes empresariais e do tecido económico da provincia de Pontevedra” é o principal obxectivo que o equipo decanal da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo se marcou na súa aposta pola implantación no centro dun novo grao en Consultoría e Xestión da Información, un título que só a Universidade Autónoma de Barcelona posúe actualmente e que en breve poderán disfrutar os alumnos e alumnas da Universidade de Vigo.

Ler máis. A Universidade de Vigo lanza un grao pioneiro no campo das TIC

   

Páxina 3 de 71