Premio para start-ups tecnolóxicas

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
As empresas españolas de novas tecnoloxías, con menos de dous anos de vida, poden presentar a súa candidatura ao Premio Vivero ata o 26 de xullo. O premio? Participar gratuitamente na feira e, para a mellor, 12.000 euros en metálico.
 
Ifema, entidade organizadora da Feira Internacional de Servizos e Solucións TIC para empresas, e Fundetec, convocan a V edición do Premio Vivero de SIMO Network 2010. O concurso diríxese a empresas novas (constituídas antes do 1 de setembro de 2008), de base tecnolóxica e que operen nalgún dos sectores representados na feira: Infraestruturas e Sistemas, Ferramentas e Solucións para a Empresa e Telecomunicacións e Internet. A presentación de candidaturas está aberta ata o 26 de xullo.

As empresas seleccionadas (o ano pasado foron 13) anunciaranse o 10 de setembro de 2010, e serán premiadas coa súa participación nunha caseta gratuíta en SIMO Network 2010 e cun especial protagonismo na campaña de comunicación da Feira. Ademais, todas as seleccionadas optarán ao Premio Especial de 12.000 euros en metálico que entregará Fundetec ao proxecto mellor valorado.

O encontro, que celebrará a súa quinta edición do 5 ao 7 de outubro en Madrid, ten como obxectivo dinamizar o sector TIC español, dando apoio e recoñecemento ás empresas españolas de base tecnolóxica de recente creación que desenvolvan unha actividade innovadora e de calidade.

Poden consultarse as bases en www.simo.ifema.es.
 
Fonte: www.emprendedores.es