España, décimo quinta de Europa en Sociedade da Información

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
Sobe unha posición con respecto a 2009

Como cada ano desde 2001, a Fundación Orange presentou o informe eEspaña no que mide a transformación da Sociedade da Información en España. A publicación, que chega á súa décima edición, recompila e analiza os cambios sufridos estes dous lustros.

Na edición 2010, presentada pola vicepresidenta María Teresa Fernández de la Vega e o secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros, fíxose público o avance de España dentro do panorama europeo aínda que quedan moitos aspectos por mellorar. Por exemplo, a crise tamén fixo madeixa no sector da telefonía. Por primeira vez, desde 2000, baixa o volume de negocio dos servizos de telefonía e a facturación do sector.

Dentro das Comunidades Autónomas, Madrid lidera o índice de converxencia da Sociedade da Información.

Constátase que entre as rutinas dos internautas españois se atopa a descarga de contido na Rede e a intensiva navegación e uso de redes sociais, por encima da media da UE.
 
Fonte: El País