A editorial galega Ideaspropias lanza un completo manual de uso sobre o Windows 7

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
A firma galega Ideaspropias Editorial vén de presentar no mercado un manual de informática para introducir ao usuario nas vantaxes e funcionalidades do último sistema operativo de Microsoft. O libro Windows 7 un sistema operativo a su alcance é obra de María Esther Ferreiro Fernández, quen quixo con este manual achegar unha “ferramenta útil para que o lector se anime a mellorar as súas técnicas de traballe e se responsabilice de tarefas como a seguridade da súa computadora ou da xestión da comunicación en rede”.
 
Ideaspropias, que arestora traballa tamén no lanzamento de outros tres manuais sobre outras tantas novas ferramentas de Microsoft, quere salientar con este volume que presentamos as melloras importantes de usuario que introduce o Windows7, fornecéndonos dun “contorno sinxelo de manexar e facilitándonos a achega de múltiples funcións até o de agora exclusivas para expertos”.

Esther Ferreiro, informa a editorial con sede en Vigo, aposta neste volume por unha metodoloxía práctica que abrangue aprendizaxe construtivo e recursos visuais e actividades complementarias ao servizo do contido teórico. A autora, nada en Lugo en 1966, é diplomada en Informática de Xestión pola Universidade de Oviedo e conta cunha ampla experiencia como docente e comunicadora das máis diversas ferramentas informáticas: dende paquetes de ofimática até sistemas para administración de redes e sistemas operativos.
 
Fonte: Código Cero