As redes sociais concentran o 20% das horas en Internet en España

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e


As redes sociais concentran o 20% das horas en Internet en España, segundo un estudo europeo realizado por Nielsen Online, compañía especializada na medición de audiencias na Rede. O estudo tamén pon de manifesto que España é, despois de Italia e Reino Unido, o país co maior consumo de redes sociais.

O informe confirma que o 77% dos internautas españois utiliza as redes de maneira habitual para comunicarse con familiares e amigos, así como para compartir, practicamente en tempo real, as súas opinións sobre temas do seu interese ou para as súas últimas fotografías ou vídeos.

O estudo, realizado a partir dos últimos datos de audiencia recollidos por Nielsen Online nos principais mercados europeos, apunta que, en comparación con outros países do noso contorno, España foi o que menos creceu no último ano no consumo de redes sociais (4,4 por cento), fronte a outros como Italia que rexistraron un incremento no seu número de usuarios (19,5%).

No casos de Francia ou Reino Unido, a audiencia das súas redes sociais aumentou un 17,4 e un 15%, respectivamente, apunta o comunicado no que se detalla o estudo.

Respecto da comparación do uso da Rede, a análise europea de Nielsen Online revela que non existen grandes diferenzas entre países, xa que despois das redes sociais, onde Italia e Reino Unido encabezan a lista como «adictos» ás redes sociais, todos distribúen o seu tempo na Rede entre o correo electrónico, os xogos ou a procura de información sobre programas informáticos.
 
Fonte: La Voz de Galicia