Pleiteando.com lanzou a súa beta pública

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
Pleiteando.com xerminou no viveiro de empresas da Fundación CEL en febreiro do 2009 como a primeira rede social xurídica de fala hispana e, tras o proceso de planificación e un lanzamento en proba da rede en fase beta privada recollendo suxestións, chega por fin á comunidade de internautas. Xa poden unirse a ela todos aqueles que queiran formular e resolver problemas legais, establecer contactos profesionais, compartir os seus problemas de tipo xurídico con xente que estivera ou que estea nunha situación similar e tamén facer uso dos servizos legais dispoñibles.
 
As súas tres funcionalidades máis destacadas son a rede social propiamente dita para crear contactos profesionais e persoais, o foro de discusión para cuestións legais e xurídicas e, como novidade, a posibilidade de crear grupos específicos en torno a intereses comunes. De feito, xa están operativos algúns sobre protección de datos, web 2.0, comercio electrónico ou dereito do consumo, por exemplo.

Outras innovacións introducidas permítenlle a Pleiteando que os usuarios vinculen o seu perfil a outras redes sociais como Twiter ou Facebook, establezan seguimentos RSS das consultas, escriban no blog ou coñezan as noticias máis relevantes de España, América do Sur, Norteamérica e Centroamérica.