Startup Weekend chega a Galicia
O Startup Weekend é un evento dunha fin de semana que se organiza en varias cidades ao redor do mundo e que do 4 ao 6 de xuño se celebra en Santiago de Compostela. Un grupo altamente motivado de desenvolvedores, empresarios, entusiastas do negocio das startup, gurús da mercadotecnia, artistas visuais e outros profesionais reúnense durante 54 horas para construír comunidades, empresas e proxectos. Segundo os seus organizadores, "é máis ou menos como unha non-conferencia onde vos participantes deciden a dirección que tomará ou evento".



