José Manuel Alarcón protagonizará o vindeiro Iniciador Galicia
O vindeiro 6 de maio ás 19:20 horas terá lugar no ITE Caixa Galicia de A Coruña unha nova edición do encontro de emprendedores Iniciador Galicia, que nesta ocasión vai contar coma convidado con José Manuel Alarcón, da empresa galega Krasis, quen compartirá cos asistentes a súa historia profesional e, especialmente, a aventura que levou á creación da súa ferramenta de e-mail marketing coñecida coma MAILCast.
Tamén compartirá as dificultades da práctica da disciplina, coma compaxinar a promoción por correo electrónico cos medios sociais e os trucos para non caer no correo lixo.
José Manuel Alarcón é un profesional de recoñecida valía, recoñecido coma MVP por parte de Microsoft e autor de varios libros sobre tecnoloxía, así coma artigos en revistas do sector. Dende a súa compañía tamén crearon hai máis de 2 anos unha liña editorial.
Parte dos asistentes ao evento poderán facerse cun exemplar The Emailing Experience: 49 formas de dar en el blanco, texto que tamén pode descargase de balde a través da Internet, e que acadou certa sona ao repartirse un milleiro de exemplares do mesmo durante a última edición de OMExpo.
Os interesados poden confirmar a súa asistencia por correo electrónico ou a través de Facebook.
Fonte: Código Cero



