Unha discográfica dixital lucense

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e



Detrás de Tullido Records, un selo discográfico dixital de recente creación que está chamado a ocupar un importante lugar no panorama musical mundial, está o lucense Arturo Vaqueiro, os vilalbés Marcos Peón e Frisco Taibo. A finalidade desta nova discográfica é promocionar e vender a través dos principais portais electrónicos de Internet tanto as creacións propias deste tres compositores e pinchadiscos, como novas producións e colaboracións con pinchadiscos internacionais. Para facilitarlles as cousas aos músicos do outro lado do charco, este selo vai contar cunha delegación propia en Suíza, desde a que tentarán captar a artistas centroeuropeos.
 
Contando xa cunha longa traxectoria no mundo musical, Vaqueiro, Peón e Taibo decidiron aventurarse e dar o paso de crear Tullido Records. Desta forma van contar cun selo dixital propio para dar a coñecer ao mundo as súas producións, así como as doutros creadores musicais, que xa confirmaron a súa participación neste prometedor proxecto. Entre estes atópanse artistas da talla de Guru Josh Project, Carlos Gallardo, Jesse García, Jason Rivas, Ricardo Reyna, Deep Josh, Paco Pil, Jerome Farley e Daddy's Groove. Todos eles achegarán o seu gran de area en Tullido Records coas súas producións.

Así pois, a través deste selo, e contando coa colaboración do tres artistas que o promoven, diversos creadores de música electrónica e house de todo o mundo poderán dar vida a novas criaturas musicais, e o que é máis importante dalas a coñecer. En canto á delegación suíza desta discográfica, será a encargada de captar novas producións nese país, e tamén noutros como Francia.

Desde o portal Beatport

Todo o que se cree, Arturo Vaqueiro, Marcos Peón e Frisco Taibo promocionarano e venderán desde o seu selo, a través dos mellores portais electrónicos dixitais da Rede, entre eles Beatport, considerado o número uno en Internet.

Esta discográfica non é o primeiro proxecto que Arturo Vaqueiro e Marcos Peón emprenden xuntos. O compositor e produtor lucense e o pinchadiscos vilalbés xa formaron fai un par de anos o grupo Dummie Project, cuxa creación máis coñecida é sen dúbida o tema que aparece nunha das secuencias da película Agallas, protagonizada por Hugo Silva e Carmelo Gómez.

Por outra banda, unha canción incluída na banda sonora desta mesma película valeulle a Arturo Vaqueiro, neste caso xunto a Xavier Font, para estar nomeado na pasada edición dos premios Goya, aínda que finalmente non levou o cobizado galardón.
 
Fonte: La Voz de Galicia