Unha ferramenta permite optimizar o investimento en publicidade
Medir e analizar nun clic os resultados das accións de publicidade, comunicación e mercadotecnia, coñecer a reputación pública, o que pensa a sociedade e o mercado, de persoas, institucións ou empresas, todo isto e moito máis é posible gracias a Voila.tv, a primeira plataforma web do mercado que permite realizar un seguimento exhaustivo de toda a información que aparece en televisión, radio e Internet sobre marcas, produtos e empresas e a pon a disposición dos interesados nun só clic.
Esa plataforma ofrece unha resposta rápida, eficaz e económica ás necesidades de seguimento e análise das empresas e institucións, que poden coñecer de maneira case inmediata onde, quen, como e cando se está falando delas. Non só recompila a información referente a noticias e comunicados, senón que tamén permite realizar un control dos investimentos publicitarios.
Fonte: La Voz de Galicia



