Os usuarios de redes sociais duplícanse

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
O número de usuarios de polo menos unha rede social duplicouse en 2009, pasando do 45% ao 81% dos internautas, segundo conclúe o segundo observatorio de redes sociais, elaborado pola axencia especializada en novas tecnoloxías The Cocktail Analysis e baseado en 1.565 enquisas e 6 grupos de discusión.

Segundo o estudo, o número medio de redes sociais ás que pertence un usuario pasou de 1,7 en 2008 a 2,3 en 2009. Así, o 64% dos enquisados usa Facebook (fronte a un 13% en 2008), e un 33% usa Tuenti (fronte a un 12% o ano anterior). Flickr e Twitter son máis minoritarias: úsanas o 10% dos enquisados. E Fotolog, Hi5 e MySpace presentan considerables taxas de abandono. Segundo o estudo, Messenger é a ferramenta de comunicación máis utilizada: o 68% dos enquisados son usuarios.

Finalmente a enquisa destaca que o 45% das contas abertas en redes sociais polos usuarios non se están a utilizar actualmente.
 
Fonte: El País