Arrinca a SITE co Proxecto ETIC 2009
A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial (SITE) comeza a súa actividade, que este ano se enmarca no Proxecto EmprendeTIC 2009, tamén coñecido como ETIC. Estruturado en sete xornadas demostrativas e seis obradoiros titorizados de temática variada, terá unha orientación eminentemente práctica co obxectivo de que os emprendedores e novos empresarios da provincia optimicen os seus negocios coa aplicación das novas tecnoloxías da información e a comunicación dispoñibles neste momento no mercado. Inaugurará o calendario a xornada “O marketing tecnolóxico, a revolución nas comunicacións”, o vindeiro 23 de abril.



