Nace o maior directorio de empresas en España
Eradar.es busca facilitar o contacto entre empresas e permitirlles informar da súa actividade.
Reed Business Information, grupo editorial de prensa profesional en España e Portugal, lanzou www.eradar.es, un directorio de empresas españolas cuxo obxectivo é converterse nun socio de confianza de empresas e profesionais. Dende a páxina axudarase ás empresas a conseguir os seus obxectivos de negocio mediante a xeración de contactos e ofreceráselles a posibilidade de informar e publicitar a súa actividade, produtos e servizos. Este novo directorio de empresas supón unha ferramenta para a busca de provedores onde atopar información relevante das empresas, como formas de contacto, páxina web, descrición, produtos e servizos, notas de prensa e catálogos.
Eradar.es, que conta con máis de 15.000 categorías, axudará ao posicionamento en Internet das empresas e profesionais rexistrados. Do mesmo modo, o site tamén facilitará a xeración de contactos comerciais, xa que os usuarios terán a opción de contactar directamente coa empresa a través dun formulario de petición de información. Portugal tamén terá a súa versión deste directorio cunha base inicial de 4.000 categorías.
Isaac Rodrigo, director xeral de Reed Business Information en España, explicou que co lanzamento de eradar.es quere ofrecerlles aos seus clientes unha plataforma que active as relacións entre profesionais cunha formulación sinxela que se apoia na tecnoloxía 2.0. A aparición desta páxina web únese aos recentes lanzamentos de portais profesionais, como www.infohoreco.es, www.infoambiental.es, www.autoprofesional.com e www.construarea.com.
Fonte: www.ticpymes.es