Desenvolven unha tecnoloxía que permitirá conducir aos cegos
A Federación Nacional de Cegos (NFB) dos EE.UU. e Virginia Tech anunciaron un proxecto de colaboración no que están a desenvolver un vehículo urbano que permitirá que os invidentes poidan conducir de xeito autónomo e que poderá verse publicamente nas actividades previas ao campionato Rolex 24 de Daytona o ano que vén.
Ler máis. Desenvolven unha tecnoloxía que permitirá conducir aos cegos
As TIC melloran a produtividade das empresas da Eurorrexión
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) contribúen á eficacia da comunicación interna das empresas e, en consecuencia, favorecen decisivamente á dispoñibilidade de información, á estratexia e á axilidade na toma de decisións. Ademais, as TIC contribúen notablemente a elevar a calidade e a imaxe organizativa, así como a optimizar a xestión do tempo.
Estas son os principais resultados da tese de doutoramento "O impacto da utilización das novas tecnoloxías na comunicación interna das organizacións- A súa incidencia na Eurorrexión norte de Portugal-Galicia", da autoría de Jorge Remondes e dirixida polo profesor Fernando Ramos. O estudo analiza unha mostra de 173 empresas da zona dos sectores servizos, comercio e industria.
Estas son os principais resultados da tese de doutoramento "O impacto da utilización das novas tecnoloxías na comunicación interna das organizacións- A súa incidencia na Eurorrexión norte de Portugal-Galicia", da autoría de Jorge Remondes e dirixida polo profesor Fernando Ramos. O estudo analiza unha mostra de 173 empresas da zona dos sectores servizos, comercio e industria.
Ler máis. As TIC melloran a produtividade das empresas da Eurorrexión
Os deseños web de Desoños, de novo entre os mellores do mundo
“Calidade, innovación e eficacia no deseño” foron os tres principais criterios que o xurado encargado de elaborar o Web Desing Index 9.0 deste ano, tivo en conta á hora de incluir os proxectos innovadores da galega Desoños dentro dos 1.000 mellores do mundo.
Ler máis. Os deseños web de Desoños, de novo entre os mellores do mundo
Mundos Dixitais contará cos responsables técnicos de Avatar, Iron Man 2 ou O Apóstolo
A Coruña será de novo o centro de actividade do audiovisual que máis preto se sitúa das novas tecnoloxías de creación, promoción e distribución. Falamos dunha nova edición, a novena xa, de Mundos Dixitais, que xuntará na sede da Fundación Caixa Galicia da dita cidade ao máis senlleiro do panorama actual de novas realidades e opcións de lecer pola vía tecnolóxica. A cita será entre o 7 e o 10 de xullo, e entre outras cousas servirá para dar acubillo aos responsables dos apartados técnicos dalgúns dos produtos máis salientables da virtualidade de hoxe, é o caso de Avatar ou Iron Man 2.
Ler máis. Mundos Dixitais contará cos responsables técnicos de Avatar, Iron Man 2 ou O Apóstolo
Premio para start-ups tecnolóxicas
As empresas españolas de novas tecnoloxías, con menos de dous anos de vida, poden presentar a súa candidatura ao Premio Vivero ata o 26 de xullo. O premio? Participar gratuitamente na feira e, para a mellor, 12.000 euros en metálico.
Máis artigos...
Páxina 1 de 71
Novas de interese



