Xornadas demostrativas
Xornada
- Título:
- Web 2.0, ¿moda ou realidade empresarial?
- Cando:
- 22.10.2009 - 22.10.2009 19.00 h - 21.00 h
- Onde:
- Site - Pazo de Feiras e Congresos - Lugo
- Categoría:
- Xornadas demostrativas
Descrición
A web 2.0 ou segunda xeración de tecnoloxía web, baseada nas comunidades de usuarios e no intercambio de información entre eles, é unha oportunidade en alza para a captación de clientes e para a difusión da identidade e a filosofía de traballo das firmas. A socialización en Internet é un fenómeno de grande envergadura e as empresas poden definir estratexias de comunicación e controlar a reputación on line sen investir moito diñeiro pero con constancia na presenza e no diálogo en blogs, foros e redes sociais. Esta foi a conclusión á que se chegou na sexta xornada do Proxecto ETIC, “Web 2.0 ¿moda ou realidade empresarial?”, desenvolvida coa colaboración da CEL e a Obra Social Caixa Galicia e co apoio da Secretaría Xeral de Modernización Tecnolóxica da Xunta.
A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial da Fundación CEL (SITE) deu comezo ás charlas con Juan Carlos Díaz Fernández, director técnico da empresa lucense Innova Galicia Networks Solutions (IGN), dedicada á dotación de servizos tecnolóxicos para empresas, administracións e particulares. No seu relatorio resaltou datos a ter en conta, como que Internet é a primeira fonte de información dos españois; ensinou as aplicacións da web 2.0 nas que se pode intervir, como Flickr, YouTube, a Wikipedia ou Twitter; e mostrou exemplos de empresas 2.0, como a de Porco Celta.
Tamén estivo en Lugo Mariano Munuera, de BAP Interactive, a división para os proxectos multimedia da prestixiosa axencia de publicidade galega BAP & Conde, coa que se adentraron na publicidade en Internet. Munuera explicou como se pode construir marcas e establecer a mercadotecnia relacional a través do novo espazo, que denominou “a maior tertulia pública do mundo”. Falou ademais das ferramentas de control da reputación na rede: socialmention, menéame, BlogPulse, as alertas de Google, etc.
O caso práctico correspondeulle a Rodolfo Alonso Albella, non en van, é socio director da primeira rede social xurídica de fala hispana, Pleiteando.com, un proxecto prometedor que está poñendo en marcha dende o viveiro da Fundación CEL dende febreiro do 2009 e que pronto lanzará en aberto.
As charlas, que tiveron lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo das 19:00 ás 21:00 horas, clausuráronse co sorteo entre os inscritos dun disco duro multimedia cargado con varios aplicativos libres cos que montar unha rede social.
A próxima e última xornada do Proxecto ETIC, “Implantación das TIC no medio rural”, celebrarase o 19 de novembro.

Lugar
- Lugar:
- Site - Pazo de Feiras e Congresos - Sitio Web
- Rúa:
- El Palomar s/n
- CP:
- 27004
- Cidade:
- Lugo
- Estado / Provincia:
- Lugo
Descrición
EventList powered by schlu.net