EMAIL Imprimir

Xornadas demostrativas

Xornada 

Título:
Plataforma de portáis e xestión documental
Cando:
24.09.2009 - 24.09.2009 19.00 h - 21.00 h
Categoría:
Xornadas demostrativas

Descrición

Organizar a gran cantidade de documentos que xeran as empresas, gardar a información no equipo informático dun modo seguro, ordenala e facilitar o acceso rápido a ela por todo o persoal e tamén dende fóra da oficina, aglutinar nunha única plataforma de portais todas as iniciativas web… É posible incorporando software especializado. Soubérono ao detalle os máis de cincuenta emprendedores, empresarios e traballadores da provincia que acudiron esta tarde á quinta xornada demostrativa do Proxecto ETIC.

A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial da Fundación CEL (SITE) decidiuse nesta ocasión por reunir a dúas consultoras TIC especializadas na implantación de plataformas de portais e xestores documentais e mais a dúas empresas de Lugo que xa funcionan cun sistema de xestión documental.
 Comezou os relatorios presentando estos servizos Diego Grande Varela, da multinacional Tecnocom, unha das cinco maiores TIC de España, non en van, ten entre os seus clientes a vinte e tres empresas do IBEX 35. O seu foi un achegamento moi ilustrativo ás plataformas de xestión de portais e contidos e ás intranets e extranets a través de exemplos reais das plataformas dos principais fabricantes.
Seguidamente, Víctor Fariña Infante e Julián Cerviño Iglesia, en representación da firma galega Queres Tecnologías, caracterizada pola aplicación empresarial de tecnoloxías de código aberto, realizaron unha exposición conxunta para explicar as utilidades do sistema de xestión documental Alfresco, que introduciron, por exemplo, nos grupos Hijos de Rivera e Gadisa e en varios departamentos das consellerías da Xunta.
Os casos prácticos de empresas con actividades diferentes que conseguiron optimizar o seu traballo cun xestor documental corresponderon ao despacho multidisciplinar Álvarez Real e á consultoría técnica integral Proitec.
A xornada, que se desenvolveu no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo entre as 19:00 e as 21:00 horas, clausurouse co sorteo entre os inscritos dun escáner de alta resolución. Así mesmo, os primeiros cincuenta matriculados nesta xornada recibiron unha memoria extraíble cos contidos dos relatorios en formato dixital.
A próxima charla do Proxecto ETIC será “Web 2.0 ¿moda ou realidade empresarial?” e celebrarase o 22 de outubro. Encontraredes máis información na web site.fundacioncel.org.