EMAIL Imprimir

Xornadas demostrativas

Xornada 

Título:
Todo o que necesito coñecer para vender por Internet
Cando:
16.07.2009 - 16.07.2009 19.00 h - 21.00 h
Onde:
Site - Pazo de Feiras e Congresos - Lugo
Categoría:
Xornadas demostrativas

Descrición

O Estudio de Comercio Electrónico B2C 2008 elaborado por el  Observatorio Nacional de las Telecomunicaciones y de la Sociedad de la Información (ONTSI) promovido por RED.es e pon de manifesto que o comercio electrónico en España xerou en 2007 un volume de negocio que supera os 4.700 millóns de euros, significando este dato un incremento do 71,4% respecto a 2006; a clave deste espectacular incremento do volume de negocio está no dato  de compradores, que pasa do 27,3% dos internautas ao actual 39,8% (practicamente 8 millóns de persoas).
    Outros datos achegados por este estudio sinalan que algo máis de seis de  cada dez (62,8%) internautas utiliza a rede como fonte de  información para máis tarde adquirir produtos ou servizos nunha tenda  física. Estes datos dannos idea da importancia que, nesta economía globalizada,  ten para as pequenas e medianas empresas un correcto posicionamento en  Internet.
    A través desta xornada da Sala SITE da Fundación CEL, na que colabora a Obra Social de Caixa Galicia, dentro do proxecto EMPRENDETIC 2009, pretende incentivar a creación de portais de venda virtuais que, nestos tempos de crise, lle supoñen un valor engadido á empresa polo seu maior ámbito de acción, polo seu maior alcance entre clientes potenciais e pola reducción de custos que ten respecto a posta en marcha dunha tenda física.
Ante mais de cen asistentes, a xornada deu comezo coa intervención do reputado Manuel Laborda, que desenvolve a súa actividade profesional dentro da Consultoría Estratéxica de Negocio para Pemes e Tecnoloxía, Barrabés Internet. Esta consultora especializada traballa desde a crenza de que as PEMES teñen oportunidades de negocio reais basadas na introducción de solucións TIC e de innovación en calquera dos seús procesos, podendo competir en entornos globais fronte a empresas de dimensións, en principio, superiores.
Laborda iniciou a súa intervención realizando unha breve reflexión sobre o negocio en internet e as razóns que avalan o uso das novas  tecnoloxías no posicionamento da empresa no mercado, para avanzar desentrañando os cinco pasos imprescindibles para a definición dunha correcta estratexia de vendas por internet.
A desconfianza que suscita Internet en relación aos datos persoais ou bancarios segue sendo importante. En concreto, 25,7% dos que non compran por Internet declara que este non lle parece un medio seguro e un 22% é máis específico ao referirse á desconfianza que lle xeran os medios de pagamento e un 14% pon de relevo que Internet lle xera medo en relación a facilitar os seus datos persoais.
Estes temas foron analizados en profundidade por Alberto Alvarez Flores, de Alvarez Real Abogados, quen expuxo os aspectos xurídicos máis relevantes do comercio electrónico no relativo a protección de datos persoais e por a  Responsable de Banca Electrónica de Caixa Galicia, Pilar Otero Polo, quen destacou que unha das características que ha de reunir unha tenda virtual para ter éxito é incorporar un medio de pago de fácil uso e fiable, detallando os requisitos que han de ter os sistemas de cobro por internet, incidindo nas vantaxes dos  TPVs virtuais ou  pasarelas de pago, así como na importancia da seguridade das mesmas, como elemento  imprescindible para xerar confianza nos clientes.
A xornada contou, ademais, coa participación dos representantes de dúas empresas lucenses que basean a súa actividade a través do espacio web, que compartiron co público asistente a súa experiencia profesional:
Puzzle Motor, S.L, empresa creada en abril de 2007 ao amparo do Viveiro de Empresas da Fundación CEL, dedicada ao comercio de diversos produtos  relacionados co automobilismo baixo as premisas da venda de produtos de calidade, a súa distribución rápida e eficaz e a oferta de prezos competitivos. Dentro deste marco, Puzzle Motor S.L. lanza o seu portal www.puzzlecarbono.com, dedicado á venda de produtos para coches fabricados en distintos materiais “composites” de altas prestacións, como a fibra de carbono, a fibra de vidro, o Kevlar ou o Alutex, entre outros.
Picas Rojas S.L.N.E, empresa constituída no ano 2007 co apoio da Fundación CEL Iniciativas por Lugo, que desenvolve a súa actividade a través do portal de internet www.asdetrebol.com, tenda virtual dedicada á venda de xogos e accesorios de maxia e ilusionismo, exemplo das posibilidades que pode ofrecer internet a unha empresa de pequenas dimensións ubicada en Lugo, xa que comercializa os seús productos en todo o mundo, sen limitacións xeográficas de ningún tipo.
Ao final, é tras unha rolda de preguntas e intercambio de opinións entre os asistentes e os relatores, sorteouse entre os participantes un disco duro multimedia de 500 gb cargado con varios aplicativos CMS libres, cos que poder montar unha tenda on line

Lugar

Site - Pazo de Feiras e Congresos
Lugar:
Site - Pazo de Feiras e Congresos   -   Sitio Web
Rúa:
El Palomar s/n
CP:
27004
Cidade:
Lugo
Estado / Provincia:
Lugo

Descrición