Xornadas demostrativas
Xornada
- Título:
- Vantaxes competitivas dunha infraestrutura informática libre na empresa
- Cando:
- 28.05.2009 - 28.05.2009 19.00 h - 21.00 h
- Onde:
- Site - Pazo de Feiras e Congresos - Lugo
- Categoría:
- Xornadas demostrativas
Descrición
Richard Stallman impulsou nos anos 80 o Movemento polo Software Libre e Roberto Brenlla creuno e difundiuno en Galicia, sendo pioneiro. A súa ampla experiencia e os seus coñecementos en materia de aplicación de solucións abertas trouxérono ata Lugo para impartir a charla “Vantaxes dunha infraestrutura informática libre na empresa”, organizada pola Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial da Fundación CEL (SITE) dentro do Proxecto EmprendeTIC 2009 e en colaboración coa CEL e a Obra Social de Caixa Galicia.
É un recurso útil e rendible para os emprendedores e os empresarios, sobre todo nestes tempos de crise, e así o analizou esta tarde na cidade ante máis de sesenta e cinco asistentes Roberto Brenlla, un dos membros máis activos da comunidade galega de software libre e fervoroso defensor do emprego das aplicacións abertas nas empresas.
Roberto foi invitado pola SITE para falar en profundidade do que é un recurso puxante e imprescindible para mellorar o funcionamento dos negocios e para lograr a independencia tecnolóxica destes: o software libre.
Acompañado na mesa polo coordinador da Fundación, Rodolfo Ojea, Brenlla comezou facendo un repaso da historia do software libre e dos seus fundamentos, comentou aspectos da súa legalidade e detívose especialmente na exposición dos beneficios que ten a súa implantación para pemes e grandes compañías. Unha das explicacións máis aclaratorias para o auditorio foi a do seu modo de utilización en termos de traballo: como pode personalizarse e que investimento require. A efectos prácticos, resaltou casos de éxito como os das firmas Motorola, Audi, Google ou Pizza Móvil.
O relatorio tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo entre as 19:00 e as 21:00 horas e finalizou co sorteo entre os inscritos dun netbook cun sistema operativo Linux e coas aplicacións libres necesarias para a xestión dunha empresa. Así mesmo, os primeiros cincuenta matriculados nesta xornada recibiron unha memoria extraíble coa ponencia e mais documentación especializada en formato dixital.
A próxima charla do Proxecto ETIC será “Novas tecnoloxías e discapacidade” e celebrarase o 25 de xuño. Encontraredes máis información na web www.fundacioncel.org/site.
Lugar
- Lugar:
- Site - Pazo de Feiras e Congresos - Sitio Web
- Rúa:
- El Palomar s/n
- CP:
- 27004
- Cidade:
- Lugo
- Estado / Provincia:
- Lugo
Descrición
EventList powered by schlu.net


