Xornadas demostrativas
Xornada
- Título:
- Implantación das TIC no medio rural
- Cando:
- 19.11.2009 - 19.11.2009 09.30 h - 14.00 h
- Onde:
- Site - Pazo de Feiras e Congresos - Lugo
- Categoría:
- Xornadas demostrativas
Descrición
A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial da Fundación CEL (SITE) finalizou o Proxecto EmprendeTIC 2009 cunha xornada organizada coa axuda de AFRICOR LUGO e coa colaboración da Obra Social de Caixa Galicia e da CEL e dedicada a pór en relación as novas tecnoloxías e o agro, a, en palabras do presidente da Fundación, Luis García Santalla, “apoiar ao agro como actividade fundamental na economía galega”. Todas as solucións TIC da mesa desta mañá xiraron en torno a aplicacións informáticas, plataformas web e tecnoloxías probadas, accesibles e útiles para incrementar a rendibilidade do subsector gandeiro.
Foron uns cento cincuenta os asistentes ás charlas englobadas baixo o título “Implantación das TIC no medio rural. Todo o que necesito coñecer para mellorar a produción das explotacións mediante as novas tecnoloxías”. Comprobaron, polo tanto, cales son as propostas existentes na actualidade para conseguir nas granxas aforro, novas canles de comercialización e eficiencia enerxética.
Os seis relatores invitados presentaron ante o auditorio os seus proxectos, dalgúns dos cales houbo demostracións simultáneas na SITE: o programa informático para o control leiteiro de AFRICOR, o servizo informático en rede para produtores agrarios denominado Sirpa que está a ultimar a empresa XAN (ambas as dúas aplicacións desenvolvidas por unha firma xestada no noso viveiro, SCA), o modelo de tecnoloxía analítica NIR coa que traballa a compañía Inversiones Moroan nas granxas leiteiras, o prototipo de tecnoloxía do instituto As Mercedes de Lugo para a produción de auga quente sanitaria e calefacción mediante a recuperación de calor nun tanque de leite e as cámaras de videovixilancia do gando ou as antenas Wimax que instala IGN Solutions.
Todos coincidiron na conveniencia da informatización das explotacións e no necesario que é gardar a información sobre elas (rexistro de animais e parcelas, inventario de material, evolución da produción, cómputo de custes e ingresos, etc.) en bases de datos para dispoñer con rapidez de informes técnicos cos que cuantificar perdas económicas.
No acto de clausura participaron os presidentes de AFRICOR LUGO e da Fundación CEL, José Manuel López Tellado e Luis García Santalla; o responsable da Obra Social de Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez Rodríguez; e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias Rodríguez.
O sorteo dun portátil, patrocinado por SCA, pechou cara ás dúas esta xornada que transcorreu no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.Lugar
- Lugar:
- Site - Pazo de Feiras e Congresos - Sitio Web
- Rúa:
- El Palomar s/n
- CP:
- 27004
- Cidade:
- Lugo
- Estado / Provincia:
- Lugo
Descrición
EventList powered by schlu.net


