EMAIL Imprimir

Xornadas demostrativas

Xornada 

Título:
O marketing tecnolóxico, a revolución nas comunicacións
Cando:
23.04.2009 - 23.04.2009 19.00 h - 21.00 h
Onde:
Site - Pazo de Feiras e Congresos - Lugo
Categoría:
Xornadas demostrativas

Descrición

Tras a inauguración do Proxecto, o coordinador da Fundación CEL deu paso á primeira xornada demostrativa, cuxo tema, o marketing tecnolóxico, foi escollido en atención ás múltiples posibilidades que ofrecen as TIC para que as empresas aumenten a visibilidade no mercado ante clientes potenciais.

Así, abordouse dende un enfoque triple:

O relatorio “Marketing actual e novas tecnoloxías: Como desenvolver o negocio nas novas empresas aproveitando as ferramentas tecnolóxicas” estivo a cargo de Carmen Bárcena, xerente da consultora Tatum (Madrid), profesora de ESIC e experta en comunicación corporativa e novas tendencias de mercadotecnia para a fidelización de clientes, que traballa nos mercados español e latinoamericano e é conferenciante habitual en congresos sobre estas cuestións.

A continuación, Francisco de la Torre, coordinador xeral de Cibervision Networks (Pontevedra), falou da “Mercadotecnia on-line para a peme en tempos de crise”, analizando o proveito que poden facer as pequenas e medianas empresas dos recursos da rede, por exemplo, coa mercadotecnia de guerrilla on-line ou cun dominio web debidamente rexistrado.

Por último, na charla “Mercadotecnia de proximidade, situación actual e tipos de tecnoloxías”, Ramón Fernández, director de iTtecno Soluciones para el desarrollo (Lugo), firma do viveiro da Fundación CEL, realizou unha demostración do funcionamento dunha baliza bluetooth co envío de información promocional do ETIC aos móbiles dos asistentes, e ensinou como é unha aplicación de turismo feita para o móbil, explicando o uso destas e doutras técnicas de mercadotecnia de proximidade.

Como peche deste evento procedeuse á realización do sorteo dun portátil ultralixeiro Acer Aspire One 150-BB entre os asistentes.

Lugar

Site - Pazo de Feiras e Congresos
Lugar:
Site - Pazo de Feiras e Congresos   -   Sitio Web
Rúa:
El Palomar s/n
CP:
27004
Cidade:
Lugo
Estado / Provincia:
Lugo

Descrición