EMAILImprimir

Xornadas demostrativas

Xornadas demostrativas

A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial (SITE) deseñou o seu programa de actividades para o 2009, o Proxecto EmprendeTIC, co obxectivo de achegarlles  aos emprendedores e novos empresarios as tecnoloxías da información e comunicación dispoñibles nese momento no mercado.

O programa incluíu a celebración de sete xornadas demostrativas de temática variada. Á hora de confeccionalo pretendeuse dar unha orientación eminentemente práctica ás xornadas, tanto no que se refiriu aos contidos elixidos, coma aos relatores designados para impartilos. Aos temas máis usuais de constante demanda polos empresarios como a mercadotecnia tecnolóxica, a xestión documental e o comercio electrónico, engadíronse outros que se consideraron de grande interese pola súa repercusión social, como as NTIC e a discapacidade, as NTIC no medio rural e as denominadas web 2.0.

 

Data Xornada
23.04.2009 - 23.04.2009
19.00 h - 21.00 h
O marketing tecnolóxico, a revolución nas comunicacións
28.05.2009 - 28.05.2009
19.00 h - 21.00 h
Vantaxes competitivas dunha infraestrutura informática libre na empresa
25.06.2009 - 25.06.2009
09.30 h - 14.00 h
Novas tecnoloxías e discapacidade
16.07.2009 - 16.07.2009
19.00 h - 21.00 h
Todo o que necesito coñecer para vender por Internet
24.09.2009 - 24.09.2009
19.00 h - 21.00 h
Plataforma de portáis e xestión documental
22.10.2009 - 22.10.2009
19.00 h - 21.00 h
Web 2.0, ¿moda ou realidade empresarial?
19.11.2009 - 19.11.2009
09.30 h - 14.00 h
Implantación das TIC no medio rural