Proxecto EmprendeTIC 2009

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 

 

A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial (SITE), dentro do seu Proxecto EmprendeTIC 2009, deseñou sete xornadas demostrativas de temática variada co firme obxectivo de achegar aos emprendedores/as e novos empresarios/as as tecnoloxías da información e comunicación dispoñibles nese momento no mercado.

Á hora de confeccionar o programa pretendeuse dar unha orientación eminentemente práctica ás xornadas, tanto no que se refiría aos contidos elixidos, coma aos relatores designados para impartilos. Aos temas máis usuais de constante demanda polos empresarios como a mercadotecnia tecnolóxica, a xestión documental e o comercio electrónico, engadíronse outros que se consideraron de grande interese pola súa repercusión social, como  as NTIC e discapacidade, as NTIC no medio rural e as denominadas web 2.0.

Dentro das accións puramente formativas, a Fundación CEL-Iniciativas por Lugo desenvolveu seis obradoiros titorizados, cos que de forma individualizada, ou en pequenos grupos homoxéneos, os usuarios puideron, en espazos curtos de tempo axeitados ás súas xornadas, solucionar dúbidas sobre o manexo do hardware e software, as oficinas en rede, as copias de seguridade e o uso do xestor de correo, así como asesorarse noutras materias relacionadas coas TIC que supuxesen unha mellora de proceso nas súas empresas.

Todos os obradoiros leváronse a cabo ininterrompidamente do 15 de maio ao 15 de novembro de 2009 (con axenda concertada), deixando o mes de agosto de descanso.