Desenvolven unha tecnoloxía que permitirá conducir aos cegos

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 

A Federación Nacional de Cegos (NFB) dos EE.UU. e Virginia Tech anunciaron un proxecto de colaboración no que están a desenvolver un vehículo urbano que permitirá que os invidentes poidan conducir de xeito autónomo e que poderá verse publicamente nas actividades previas ao campionato Rolex 24 de Daytona o ano que vén.

Ler máis. Desenvolven unha tecnoloxía que permitirá conducir aos cegos

 

Os deseños web de Desoños, de novo entre os mellores do mundo

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
“Calidade, innovación e eficacia no deseño” foron os tres principais criterios que o xurado encargado de elaborar o Web Desing Index 9.0 deste ano, tivo en conta á hora de incluir os proxectos innovadores da galega Desoños dentro dos 1.000 mellores do mundo.

Ler máis. Os deseños web de Desoños, de novo entre os mellores do mundo

 

As TIC melloran a produtividade das empresas da Eurorrexión

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) contribúen á eficacia da comunicación interna das empresas e, en consecuencia, favorecen decisivamente á dispoñibilidade de información, á estratexia e á axilidade na toma de decisións. Ademais, as TIC contribúen notablemente a elevar a calidade e a imaxe organizativa, así como a optimizar a xestión do tempo.

Estas son os principais resultados da tese de doutoramento "O impacto da utilización das novas tecnoloxías na comunicación interna das organizacións- A súa incidencia na Eurorrexión norte de Portugal-Galicia", da autoría de Jorge Remondes e dirixida polo profesor Fernando Ramos. O estudo analiza unha mostra de 173 empresas da zona dos sectores servizos, comercio e industria.

Ler máis. As TIC melloran a produtividade das empresas da Eurorrexión

   

Premio para start-ups tecnolóxicas

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
As empresas españolas de novas tecnoloxías, con menos de dous anos de vida, poden presentar a súa candidatura ao Premio Vivero ata o 26 de xullo. O premio? Participar gratuitamente na feira e, para a mellor, 12.000 euros en metálico.

Ler máis. Premio para start-ups tecnolóxicas

 

Iniciador Galicia pecha tempada en Ourense este xoves

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

 
O vindeiro xoves ás 19:00 horas péchase o actual curso de Iniciador Galicia cun encontro no Edificio Politécnico da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense que contará con tres convidados que darán conta das súas experiencias de emprendimento no estranxeiro.

Ler máis. Iniciador Galicia pecha tempada en Ourense este xoves

   

Páxina 1 de 69