Nove premios para nove empresas | | | |

| A Fundación CEL entregoulle os seus XI Premios Anuais á Iniciativa, á Actividade e á Promoción empresariais a nove empresas e proxectos de empresa da provincia de Lugo, nunha cerimonia que tivo como escenario o Club de Campo Las Bridas e que presidiu o titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. | | |
|
Ler máis...
|
|
Novas tecnoloxías, discapacidade e empresa | | | |

| As TIC desempeñan un papel clave no proceso de integración laboral das persoas con discapacidade, tanto na empresa ordinaria coma a través da fórmula do autoemprego, pero é importante contribuír a unha maior difusión das novas canles e ferramentas tecnolóxicas adaptadas dispoñibles para que sexan efectivas. Por esta razón, a Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial da Fundación CEL incluíu no Proxecto ETIC a xornada “Novas tecnoloxías e discapacidade”, que organizou xunto coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e que tivo lugar na Facultade de Humanidades de Lugo. | | |
|
Ler máis...
|
|
Tempo de cifras | | | |

| O presidente da Fundación CEL, Luis García Santalla, e o director comercial de Caixanova en Galicia, Gabriel González Eiroa, presentaron a cuarta edición da colección de anuarios estadísticos “Lugo en cifras”. Coa edición impresa maila súa edición dixital www.lugoencifras.es, a Fundación actúa a modo de observatorio empresarial lucense para ofrecerlles aos emprendedores e aos empresarios información, en números, sobre o que pasou e está a pasar no eido da empresa e noutros sectores relacionados. Deulle cobertura ao evento a TVG, entre outros medios. | | |
|
Ler máis...
|
|
|