| Condicións de acceso ao programa: |
Aceptación das normas establecidas pola Fundación CEL-Iniciativas por Lugo para o Programa Viveiro de Empresas: condicionado xeral, contrato de adhesión, regulamentos internos, normas ou instrucións de funcionamento dos elementos comúns.
Presentación dun proxecto empresarial viable e preferentemente innovador, ben sexa pola introdución de novas tecnoloxías ou polo seu carácter novidoso na provincia ou no contorno, por parte de promotores cualificados.
Que o proxecto empresarial vaia dirixido á creación dunha empresa na provincia de Lugo, establecendo o seu domicilio social ou centro de traballo/produción na dita provincia.
Que se trate preferentemente de empresas do sector industrial ou produtivo, en especial do sector agroindustrial; ou de proxectos empresariais que presten servizos ao sector empresarial de carácter novidoso; ou que destaquen, finalmente, por outras circunstancias, como o potencial para a creación dun alto nivel de emprego estable, a súa localización dentro dos chamados “xacementos de emprego”, o uso intensivo de novas tecnoloxías, a procedencia dos seus promotores do campus universitario lucense ou doutros colectivos como os considerados “desfavorecidos” para a súa inserción laboral (mulleres, mocidade…), ou a súa posible cualificación como iniciativas locais de emprego ou iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
Que o proxecto empresarial contribúa ao desenvolvemento económico da área na que se sitúe.
Que o proxecto non se executara no momento da solicitude de adhesión ao programa.
| | | Os promotores dos proxectos empresariais que reúnan os requisitos establecidos, interesados na adhesión ao programa, presentarán unha solicitude normalizada cos datos do proxecto (descargar) e os datos do promotor (descargar), o que implicará a aceptación do presente condicionado (descargar). As tarifas vixentes de utilización dos viveiros son: (descargar).
| | | A Fundación CEL-Iniciativas por Lugo, a través do seu Padroado, ou da Comisión Delegada do dito órgano, creada para o seguimento do programa, resolverá as solicitudes presentadas.
| | |
|