Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
PREMIOS XII EDICIÓN PDF Imprimir Correo-e
  Emprendedores e empresarios lucenses en maiúscula

     A cerimonia, que se celebrou no club de campo Las Bridas, abriu facendo públicos os nomes dos gañadores. A decisión dos xurados na categoría de Premios á Iniciativa Empresarial deulle o Premio a Proxectos de Creación de Empresa, patrocinado polo Banco Pastor, a Mamut Technology, unha empresa de base tecnolóxica dedicada á investigación, ao deseño e ao desenvolvemento de maquinaria autopropulsada e de servizos para esta, así como á súa fabricación e comercialización orientada aos sectores agrícola, forestal e de obra pública. O Premio a Proxectos Universitarios de Creación de Empresa, patrocinado por Caixa Galicia, foi para Litriumtech Hardware, un proxecto de servizos externos de enxeñaría electrónica para empresas de base tecnolóxica e cunha ampla gama de aplicacións industriais e de comunicacións, e, ademais, houbo un accésit nesta modalidade para Tenis Manager, o proxecto dunha plataforma web sobre o tenis e o pádel de carácter nacional, que inclúe un portal web e un xestor de competicións para organizar e planificar os torneos nestes deportes. Esta categoría pechou coa entrega do Premio á Investigación e á Innovación Aplicada á Empresa, patrocinado por Caixanova, que recaeu no proxecto “Asistencia técnica do Departamento de Xenética da USC a Ovapiscis para a obtención de reprodutores de troita arcoiris en cultivo”. Concedeuse tamén nesta modalidade un accésit, para o proxecto “Produción e caracterización de Echinacea Purpurea Moench baixo distintos métodos de control de adventicias en Galicia”.

     Nesta edición, o Padroado da Fundación CEL quixo outorgarlle unha mención de honor, da man do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, a Óscar Fernández de la Vega, profesor titular de Administración de Empresas do IES Gregorio Fernández de Sarria, polo seu labor de difusión da cultura emprendedora entre os seus alumnos.

     A categoría de Premios á Actividade Empresarial resolveuse, na modalidade de Premio á Calidade, Seguridade Industrial e Protección Medioambiental, a favor da empresa monterrosina Alibós Galicia, que recibiu o galardón da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero, e, na modalidade de Premio ao Compromiso Social e á Creación de Emprego, a favor de Maderas Besteiro, que recibiu o galardón por parte do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.

     O Premio á Promoción, na súa modalidade única de Premio á Promoción Exterior da Provincia de Lugo, dado polo presidente da Xunta de Galicia, recoñeceu ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

     Tras a entrega, tiveron palabras sobre a necesidade de apoiar aos emprendedores como motores do cambio tanto o presidente da Confederación de Empresarios de Lugo coma o presidente da Fundación CEL, o alcalde do Concello de Lugo e o presidente do Goberno galego.

     O acto finalizou coa tradicional foto de familia.

     -El Progreso 

     -
La Voz de Galicia
 

     -TVG

 

 

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.