|
Existen tres guías de traballo básicas para emprendedores e empresarios que encamiñen a actividade das súas firmas cara á internacionalización: Los 100 documentos del comercio exterior, de Albert García Trius, experto en comercio exterior, cos documentos máis utilizados nas transaccións comerciais internacionais (comerciais, de transporte, de pago e seguro, aduaneiros e fiscais e certificados); Guía práctica de contratación internacional, de Alfonso Ortega Jiménez, profesor de Dereito Internacional, coas principais modalidades contractuais internacionais (compravenda internacional de mercaderías, axencia comercial internacional, concesión ou distribución comercial internacional, franquía internacional e joint venture internacional); e El departamento de comercio internacional de la PYME, de Patricia Catalá, con indicacións para a dirección internacional da empresa (plan de vendas, fontes de información, páxinas web, figura do director internacional…).
|