|
Inventos, Patentes e Seguridade |
|
|
|
|
Inventar, rexistrar o invento e atreverse a levalo ao mundo da empresa. Poden servir de orientación para seguir estes pasos tres libros:
Primeiro, Historias curiosas de los negocios (Robinbook, 2009), no que Agustí Sala, xornalista especializado en información económica, ensina as dúas caras de inventar, tanto as grandes ideas e os éxitos soados como os fracasos estrepitosos, con exemplos como os de Ikea, Tous, Rover, Bic, Swatch, Youtube, etc.
En segundo lugar, Cristina López-Cózar Navarro e Diego Jesús Cuello de Oro Celestino subliñan a importancia de que as empresas que realicen un esforzo en investigación e desenvolvemento protexan o seu proceso creativo en Patentes. Cómo proteger los resultados de la innovación en la empresa (Netbiblo, 2008); é unha guía de referencia dos pasos a seguir para a solicitude e concesión das patentes.
Por último, Pilar Jericó alenta aos emprendedores a No miedo en la empresa y en la vida (Alenta, 2009) con dous desafíos: desenvolver todo o seu potencial encorsetado por inseguridades e evitar a xestión baseada no medo optando pola xestión baseada no talento, o cambio e a innovación.
|