Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Galicia, unha economía europea PDF Imprimir Correo-e

     Galicia, unha economía europea (Editorial Galaxia, 2009) é un ensaio dos profesores de Economía na Universidade de Vigo Albino Prada Blanco e Santiago Lago Peñas que sae á luz como un traballo de revisión de estratexias despois de vinte anos de integración no espazo económico europeo.

     En opinión dos autores, que equipararon o tecido produtivo galego á media europea en termos de benestar socioeconómico, o efecto da entrada na Unión Europea é en xeral positivo, tanto en financiamento como para o reaxuste da estrutura produtiva, no entanto, discrepan sobre algúns puntos dos acordos que non beneficiaron a Galicia, como o naval, a pesca e o sector gandeiro.

     Na relación de propostas ou factores de cambio incluídas neste diagnóstico destacan a posta en valor dos recursos naturais (enerxéticos, forestais, alimentarios de calidade…) e da posición xeoestratéxica, evitar a emigración dos mozos mellor formados, a integración no sistema innovador dos investigadores galegos e a orientación a recursos de futuro como as novas tecnoloxías.

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.