|
Agora que hai máis medios e soportes co impulso das tecnoloxías de base dixital, cambia a caracterización da industria audiovisual. Os novos e renovados escenarios produtivos do sector están explicados coa recompilación de artigos presentada co título de Industrias de la comunicación audiovisual, unha obra colectiva editada por Lydia Sánchez e Jaume Duran, profesores desta materia da Universidade de Barcelona e tamén coautores.
O abanico é amplo: o cinema das últimas décadas e os cambios tecnolóxicos, os xigantes do entretemento, a reacción da industria discográfica na era dixital, o crecemento e a diversificación do mercado dos videoxogos, o audiovisual en Internet, a cultura do clip, a distribución multiplataforma dos contidos radiofónicos, etc.
|