|
Y tú qué quieres ser, espectador o protagonista? Álvaro González Alorda escoitoulle ao director de orquestra Benjamin Zander que “los próximos treinta años van a ser los treinta años más fascinantes de la historia de la humanidade” e entendeu que nada cambia se non se toman decisións e se poñen en práctica, que o reto deste século é liderar a colección de transformacións sociais, culturais, económicas, políticas e empresariais que os cambios tecnolóxicos están a acelerar.
O seu é un libro con banda sonora (ao final de cada capítulo, unha pequena pregunta sobre a idea clave e unha canción) e apóiase en ligazóns a vídeos, documentos e referencias en liña. Todos estes recursos foron deseñados por un licenciado en Comunicación pola Universidade de Navarra, profesor e director da área de innovación da escola de negocios ISEM Fashion Business School, profesor asociado do Instituto de Empresa, speaker de eventos empresariais e consultor do equipo de Luis Huete. A súa páxina web é www.alvarogonzalesalorda.com.
|