Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Prohibido Queixarse PDF Imprimir Correo-e

     É, como indica o subtítulo, Una historia para dar energía a los equipos de trabajo, asinada por Jon Gordon e B. Fraser e lanzada no 2009 por Empresa Activa.

     A idea deste libro baséase na aplicación real nunha compañía de servizos médicos dunha política contra as pequenas queixas cotiás e do seu bo efecto no ambiente de traballo. No libro esta historia transfórmase na dunha directora de recursos humanos que, en plena crise persoal, enfróntase á crise da súa empresa informática cun produto defectuoso no punto de mira dos medios de comunicación e cos empregados xerando negatividade a través da web.

     Os autores téñeno moi claro en canto aos beneficios de ser positivo: podemos usar as queixas dun cliente para mellorar os nosos servizos, as do empregado como un catalizador da innovación e os novos procesos e as nosas para concentrarnos no que realmente queremos facer. 

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.