Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Tendas Virtuais PDF Imprimir Correo-e

     Na bibliografía sobre comercio electrónico atopamos tres títulos de apoio para montar unha tenda virtual de calidade. Un deles é Cómo tener éxito con su tienda virtual: Guía práctica de comercio on-line (Infor Books Ediciones, 2009) e escríbeo un pioneiro da venda en Internet, fundador da plataforma de comercio electrónico Oxatis, Marc Schillati. Os consellos van desde a creación do catálogo de produtos, a toma de pedidos e a entrega de mercadoría con medios de pago seguros ata a multiplicación das vendas a través de promocións delimitadas ou cunha presenza nos mercados dixitais e o contacto cos clientes coa axuda dos boletíns informativos ou canles RSS.

     Para darlle un aspecto atractivo ao portal de venda pode resultar útil botarlle unha ollada aos que reúne o libro de Claudia Gerdes e Jutta Machtway Cibertiendas: Los mejores diseños de tiendas virtuales (Gustavo Gili, 2001). Outra das claves para que a tenda virtual funcione é que sexa fácil atopala e para este tipo de procuras Jerri Ledford publicou SEO: Optimización del posicionamiento en buscadores (Anaya Multimedia, 2008).

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.