|
Presentouse a finais do 2009 e é a segunda edición de 100 casos empresariales de éxito (Bcn press, 2008), na que Ariadna Boada, xornalista catalá especializada en economía, fai unha selección das reportaxes sobre empresas benaventuradas que foi publicando en La Vanguardia desde o ano 2006.
Froito dos encontros entre a autora e os protagonistas das historias, os artigos recollen testemuños de primeira man dos emprendedores de empresas de perfil e tamaño variado. Un destes casos representativos do contido desta recompilación é o da fábrica Casa Masferrer e as súas “Bicicletas catalanas en Pekín 2008”. O libro inclúe as fotografías realizadas a Jaume Masferrer, fillo do fundador e actual presidente da firma, nas instalacións da empresa e a súa entrevista, na que fala das orixes da marca Massi e da actividade empresarial desenvolvida desde 1934, así como dos membros do equipo Massi que levaron por primeira vez a marca a unha competición olímpica.
|