|
Paul Samuelson, considerado como un dos mellores economistas de todos os tempos, autor de Los fundamentos del análisis económico, faleceu o pasado día 13 deste mes. Recibira o Nobel de Economía en 1970 "por contribuír, grazas ás súas teorías económicas, estáticas e dinámicas, a elevar o nivel da Ciencia Económica".
Dominique Roux xuntouno con máis asinantes do pensamento económico contemporáneo en Los Premios Nobel de Economía 1969-2005 (Akal, 2006), onde nos pon sobre a pista de teorías relacionadas co crecemento, o desenvolvemento, a repartición da riqueza, o comercio internacional, a xestión de empresas, o mercado e un longo etcétera de investigacións que mereceron esta distinción dende o ano da súa fundación.
Dominique fala da obra e tamén da vida de case todos os laureados en Suecia: "A miña principal ambición ao redactar este libro era facer un balance, de xeito comprensible para a gran maioría, do estado dos avances da Ciencia Económica tal como se aprecia na comunidade científica internacional".
|