|
Todo empezou cun artigo no que Leopoldo Abadía, doutor enxeñeiro industrial e ex profesor do IESE, explicaba cronoloxicamente e de modo sinxelo a orixe da crise inmobiliaria dos Estados Unidos nun email enviado aos seus amigos. Falaba claro: os ninja, sen ingresos, sen emprego e sen propiedades, eran os clientes das hipotecas-lixo.
O artigo suscitou debate e seguiulle a creación dun blog (www.leopoldoabadia.com). Despois viñeron o libro, que xa suma trece edicións, e o fenómeno mediático.
La crisis ninja y otros misterios de la economía actual estrea nova edición en 2009 (Editorial Espasa Calpe), con información recente sobre a crise financeira mundial, da que, en entrevistas concedidas aos medios, Abadía cre que na fase na que nos encontramos "non se pode ir máis abaixo, pero aínda non subimos".
|