|
Un agora mítico oso de prata, que luciron personaxes mediáticos como Eugenia Martínez de Irujo, Arantxa Sánchez Vicario, Jaydy Mitchell ou Kylie Minogue, proporcionoulles proxección internacional e é marca da casa. Pero antes houbo un proceso, considerado un modelo de paralelismo familia-empresa contextualizado en Cataluña, que nos conta a xornalista Anna Alós en Los Tous: Historia de una familia, una empresa y un osito hecho joya (La Esfera de los Libros, 2008):
"Dunha reloxería de barrio nunha cidade de provincias xurdiron dous proxectos que se iniciaron de forma simultánea e natural. Un era profesional; o outro, familiar. Salvador Tous e Rosa Oriol prometéronse amor eterno hai máis de corenta anos, e ata a data cumpriron a súa promesa. A parella impúxose o reto de crear unha marca propia de xoiería, e, á vez que nacían e crecían as súas catro fillas, nacía e crecía o seu catálogo. A máquina rexistradora soaba ao compás dos axóuxeres".
|