|
Que piden os xornalistas ás organizacións sociais, empresariais e políticas, cáles son as mellores prácticas na comunicación corporativa e en que se adoita fallar. As respostas atopámolas en Los cien errores de la comunicación de las organizaciones, e proba diso é que vai pola súa terceira edición (Esic Editorial 2008).
Luis Arroyo e Magali Yus, os seus autores, estruturan o seu amplo percorrido polas áreas máis importantes da comunicación nos seguintes apartados: relacións cos medios (como facer as mellores notas de prensa, ocupar espazo nos informativos de televisión ou non dicir nada inadecuado nunha rolda de prensa, por exemplo); comunicación en situacións de crise (que dicir e facer nos primeiros minutos, como preparar os procedementos...); relacións cos investidores; accións de lobbying; organización de eventos e protocolo; comunicación interna; investigación e a avaliación da comunicación; e oratoria e telexenia.
|