|
Cando atravesas unha crise do tipo que sexa cuestiónaste que fixeches mal e como podes facer para saír adiante porque crise vén de crítica e de criterio. A crise será o que fagas dela. Esta é a opinión do escritor e experto en desenvolvemento persoal Álex Rovira: que se pode aproveitar a crise para transformar as nosas vidas ou os nosos negocios, que non se trata dun problema de recuperación senón de reconversión, que o que nos permite crear unha boa crise é a elaboración actitudinal, mental, emocional e as accións coherentes que se derivan do anterior.
La buena crisis. Reinventarse a uno mismo: la revolución de la conciencia (Aguilar, 2009) é un conxunto de cartas inspiradoras coas que completa a triloxía iniciada con La buena suerte (este en coautoría con Fernando Trías de Bes) e La buena vida. Os seus son bos consellos, como por exemplo que evitemos pedir diñeiro que non temos para comprar cousas que non necesitamos para impresionar a xente que non nos cae ben.
|