|
O estudo de referencia a nivel mundial do fenómeno emprendedor, o Global Entrepreneurship Monitor (GEM), xa ten a edición galega do 2008. O novo informe presentouse na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, que formou parte do equipo de investigación, xunto coa Universidade de Santiago e BIC Galicia.
Nel recóllese toda a información relacionada co impacto desta dinámica empresarial: o índice de actividade emprendedora, que se reduciu nun 1,9%, tras tres anos de incrementos e fronte a un descenso do 7% en España; o perfil socioeconómico do emprendedor, dun home de 41 anos con estudos obrigatorios que vive nunha cidade; o comportamento emprendedor, cun 7% de galegos que confía en montar o seu propio negocio; as condicións para emprender, con referencias a un investimento medio de 70.000 euros para crear unha empresa; etc.
Este informe e as edicións anteriores (dende o 2005) poden descargarse en formato PDF na web gemgalicia.org.
|