|
O título é claro, incita a cuestionarse o modo de vida, o ámbito de traballo e a propia actividade profesional. Vivir sin jefe. El libro que hará que ames trabajar por tu cuenta (Plataforma, 2009) escribiuno Sergio Fernández, xornalista especializado en coaching, porque "hai moitas persoas que non se atreven a dar o paso, outras moitas que o intentan e non o conseguen, e outras que se poñen mans á obra e atopan millóns de dificultades".
Ofrece un repaso dos para el cincuenta erros comúns que cometen os emprendedores, tanto na planificación do traballo e no traballo do día a día, coma na relación con outras persoas, na relación cun mesmo e cando deixan de traballar. E faino interactuando co lector, ao que lle formula preguntas e casos hipotéticos.
Juan Carlos Cubeiro, director de Eurotalent e autor do prólogo, sentencia: "Ogallá tivese este libro que escribiu Sergio hai anos. Anticiparía obstáculos cos que me topei. Atoparía fontes de axuda".
|