|
As empresas queren saber cáles van ser as tendencias no mercado no futuro próximo. Saber detectar precozmente cambios na esfera social que poden supoñer novas necesidades dos consumidores é unha vantaxe para inspirar a innovación a nivel de produto, marca, comunicación e distribución, para anticiparse ao que os clientes demandarán.
Niso consiste o denominado coolhunting, unha disciplina asociada tradicionalmente á moda pero incorporada na actualidade a outros sectores, profesionalizada a través de axencias especializadas, que está en constante evolución (coolhunting 2.0, coolhunting colaborativo...) e da que cada vez se fala e se escribe máis no mundo dos negocios.
Este ano saíron estes tres libros: Coolhunting. Cómo descubrir y cazar tendencias (Ediciones Gestión 2000), de Daniel Córdoba-Mendiola; Coolhunting. El arte y la ciencia de descifrar tendencias (Empresa Activa), do sociólogo Víctor Alejandro Gil Mártil; Coolhunting: marcando tendencias en la moda (Parramón), de Marta Domínguez Riezu.
|