Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Cara ao 2020 PDF Imprimir Correo-e

     De cara ao ano 2010, Pedro Nueno fixera a predicción dunha década aburrida en clave empresarial pero a súa predicción ata o 2020 é máis optimista polas oportunidades, por exemplo, das TIC e das enerxías renovables. Cre que, ao igual que aconteceu nos 90 coa telefonía móbil, se lanzarán ao mercado boas ideas que estaban en estudo ou simplemente en espera, e que poderán supoñer non só a creación de empresas novas, senón a renovación de compañías existentes.

     Emprendiendo hacia el 2020. Una renovada perspectiva global del arte de crear empresas y sus artistas (Ediciones Deusto, 2009) recolle este pensamento económico centrado na iniciativa emprendedora, cultivado polo autor dende a súa primeira exposición académica como alumno doutoral en Harvard na década de 1970 e actualizado grazas á perspectiva que lle deu a súa experiencia profesional nesta materia, en diferentes frontes que o validan: como titular da Cátedra Fundación Bertrán de Iniciativa Empresarial, como profesor da Escola de Negocios IESE da Universidade de Navarra, como presidente do Consello Académico da escola líder en dirección de empresas en Asia CEIBS, como investidor, etc.

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.