|
De recente chegada ao mercado editorial da man de Paidós Ibérica, en Aprender a innovar en una pyme (2009) atopamos unha aproximación aos termos básicos de innovación para pequenas e medianas empresas e tamén para emprendedores e académicos.
O seu autor, Luis Berastain, consultor con experiencia profesional e docente na xestión e o asesoramento empresarial, quixo romper coa idea de que innovar é cousa de grandes compañías. Deixando a un lado a innovación de investimentos substanciosos e tecnoloxía, existente pero menos alcanzable, fala deste concepto cun sentido moito máis amplo, como unha estratexia necesaria para que as pemes sexan competitivas. Froito da súa participación en iniciativas públicas e privadas neste ámbito, Berastain propón medidas, explica técnicas e achega exemplos de utilidade. Non é a primeira vez que comparte directrices cos emprendedores; outro título seu nesta liña foi Aprender a crear una empresa turística (2006).
|