|
Guías On Line de Apoio á Internacionalización |
|
|
|
|
Iniciativa das Cámaras de Comercio e elaborada baixo a metodoloxía do Programa C@sce (Cámaras Consultas en Comercio Exterior), conforma, no seu conxunto, un compendio de manuais/guías que desenvolven apartados temáticos concretos de especial importancia para o exportador español no campo da internacionalización.
Trátase de ferramentas on line de apoio e consulta para o exportador, que desenvolven apartados temáticos concretos no campo da internacionalización. Cada unha das guías ata a data desenvolvidas tratan sobre un apartado de especial importancia para o exportador medio español, formando e informando o usuario sobre todos aqueles aspectos que deben ser tidos en conta respecto ao tema desenvolvido.
As guías estrutúranse en 5 categorías: Investigación e Análise, Preparación de Actividades, Xestión de Comercio Exterior, Asesoramento en Comercio Exterior e Guías Específicas por Tema ou País.
As guías desenvolvidas atópanse en Internet (24 h./365 días ao ano) e contan con numerosos enlaces a páxinas web que permiten o acceso a fontes de información actuais e útiles, mediante as cales se complementan os temas desenvolvidos.
As persoas interesadas poden consultalas dende a web http://www.plancameral.org/GuiasOnline/GuiasPresentacion.asp en formato html ou en formato flash.
|